Leer más...
jueves, 28 de octubre de 2010
DECORAMOS O COLEXIO
Coa chegada do outono, veñen as distintas celebracións, O Magosto, O Samaín, Halloeen... e Bibliato animounos a decorar todo o colexio para darlle un ambiente festivo.
Entre todos fixemos distintas manualidades para encher os corredores e as aulas de adornos relativos a estas festividades. Había móbiles, carteis, murais, unha exposición de cabazas, debuxos...
Bibliato dixo que traballáramos moito pero que nos quedara moi bonito.



Leer más...
viernes, 22 de octubre de 2010

"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades" 24 de Outubro de 2010
A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

O OUTONO
O outono xa chegou e por ese motivo os nenos e nenas decoramos todo o colexio con diferentes motivos referidos a estación do outono.


Leer más...
E AGORA UN POUQUIÑO DE POESÍA
Don Carballo chora landras
na amencida.
néboa fría.
Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a Don Castiñeiro
con variña de abelaira.
E Don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.
HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE. "Dona e Don" Árbore-Galaxia
Leer más...
lunes, 11 de octubre de 2010

VISITA DO MATEMÁTICO VICTOR POLLÁN
O pasado xoves día 30 de setembro recibimos a visita do matemático Victor Pollán que nos veu facer unha demostración de que as matemáticas tamén poden ser divertidas. Co seu espectáculo de O MAGO MAGO aprendemos moitos trucos relacionados coas matemáticas.
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2010 - 2011
Benvidos ao novo curso, a Biblioteca xa ten as portas abertas para que poidades vir descubrir todas as novidades que Bibliato ten preparadas para todos.Este ano contamos cun ordenador na Biblioteca para que todos e todas poidamos consultar o que necesitemos.
Tamén estamos preparando as Mochilas Viaxeiras para que pronto poidan circular por todas as casas.
Este ano Bibliato quixo meterse no comedor do centro e xa o puidemos ver no menú do mes de outubro co seu gorro de cociñeiro.
Ademais o derradeiro xoves de cada mes convídanos no comedor do centro á festa de aniversario de todos os nenos , nenas, mestres e mestras que durante o mes estiveron de aniversario.Este mes de setembro estiveron de aniversario David, Sergio, Miguel Tato e Andrea Cabo. A todos eles FELICIDADES!



Tamén dar as grazas as cociñeiras pola torta de chocolate tan rica coa que nos agasallaron.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)