viernes, 24 de febrero de 2012






O DÍA DE ROSALÍA


Hoxe día 24 de febreiro conmemoramos os 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Tal día coma hoxe, un 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela chegou ao mundo Rosalía de Castro.

Rosalía está considerada como unha das escritoras máis importantes do século XIX. Unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego, xunto a Eduardo Pondal e Curros Enríquez. Cando o galego estaba desprestixado e apoucado, como un dialecto, soamente empregado no eido familiar, Rosalía publica o libro "Cantares Gallegos" a primeira obra da literatura galega contemporánea, escrita en galego, que afianzou o renacer cultural do galego.

Dende o Equipo de Biblioteca, co gallo desta celebración, fixemos unha escolma de poemas, que repartimos polas distintas titorías para lelos co alumnado. Velaquí dous poemas:



Vente, rapaza,
vente, meniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.

Vente, Minguiño,
Minguiño, vente;
douche , senón
polo demo do dente.

¡Que auga tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor, critatura.

Válgame Deus,
que se auguiña n-houbera,
lama este corpo
mortal se volverá.

Vinde a lavarvos,
andá lixeiriños,
a cara primeiro,
despois os peíños.



¡Ai!, ¡que meniña!
¡que nena preciosa!
Despois de lavada
Parece unha rosa.

E este meniño
que teño no colo,
despois de lavado
parece un repolo.

¡Ai!, ¡que tan cuco!
¡Ai!, ¡que santiño!
Vén aos meus brazos,
Dareiche un biquiño.

¡Olliños de groria!
¡Cariña de meiga!
¡Apértame ben,
corazón de manteiga!

Corre, corre,
a que Antona te peite;
darache unha cunca de leite.

Corre, corre
a teu pai, Mariquiña,
que come cebolacon pan e sardiña.


















Leer más...

lunes, 19 de septiembre de 2011

BIBLIATO DÁVOS A BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR










Benvidos todos e todas a este novo curso escolar 2011-2012, esperamos que nos aporte grandes experiencias e aprendizaxes; para axudar nisto, a Biblioteca xa ten as portas abertas, tamén para que poidades vir descubrir todas as novidades que Bibliato ten preparadas para vós.





Como en anos anteriores os préstamos seguiranse a realizar nos recreos: os martes, 1º ciclo; os mércores, 2º ciclo; os xoves, 3º ciclo e os venres de 11:20 a 12:00 Educación Infantil. Así que, ¡¡Non esquezades os vosos libros!!!





Como os cursos pasados, dende o Equipo de Biblioteca continuaremos a facer sesións de animación á lectura e contacontos, entre outras actividades, e tentaremos pór de novo en marcha, o antes posible, as Mochilas Viaxeiras, que tanto vos gustan.





Dende o Equipo de Biblioteca queremos agradecerlle a Mercedes, anterior coordinadora, todo o labor que realizou estes anos na actualización e dinamización desta biblioteca. Moitas grazas, Mercedes polo teu traballo. ¡Que teñas moita sorte no teu novo destino!





Leer más...

martes, 28 de junio de 2011

BIBLIATO DESEXAVOS UN FELIZ VERÁN
Despois dun ano cheo de aventuras chega o momento de despedirnos ata o curso que ven, pero lembrade que tamén en verán é un bo momento para gozar da lectura. Un bo libro é sempre un bo compañeiro nos días de vacacións.


http://http//www.youtube.com/watch?v=T9Z8q8l_S_s Leer más...

jueves, 9 de junio de 2011

CONTACONTOS

O martes 24 de maio, na biblioteca do centro tivemos dúas sesións de contacontos promovidas polo Concello de Sobrado.
Na 1ª sesión, titulada "Dado duende" participaron os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.




Na segunda sesión desenvolvida despois do recreo, participaron 2º e 3º ciclo, o título do conto era "Igualdade"

Nesta sesión ademáis do conto que relatou a monitora, tamén se invitou a dous alumnos, voluntarios, Miguel e Simón, para que contaran un conto.




Leer más...

viernes, 27 de mayo de 2011

PROXECTOS EDUCATIVOS DA FUNDACIÓN MENIÑOS

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos xunto coa súa mestra, Ana, participaron un ano máis nos proxectos educativos da Fundación Meniños.


Este ano colaboraron con dous libros interactivos, feitos por eles mesmos, sobre a casa e a familia.

Leer más...

jueves, 26 de mayo de 2011



LETRAS GALEGAS 2011

O luns 23 de maio no comedor do centro celebramos o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Lois Pereiro.
A semana anterior, nas clases traballamos as distintas Unidades Didácticas para coñecer un pouco máis sobre a vida e obra de Lois Pereiro. Tamén colocamos nos corredores do colexio os carteis enviados pola Consellería e fixemos un panel alusivo ao día.




Leer más...

miércoles, 25 de mayo de 2011

ACTIVIDADES REALIZADAS NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O luns 23 realizamos un festival coas seguintes actividades:


- Baile: Muiñeira de Serramo.

- Lectura e preguntas sobre Lois Pereiro.

- Música: Foliada de Luxán.

- Baile do Charrás.

- Lectura de poemas de Lois Pereiro.

- Baile: Muiñeira punteada.

- Música: Pasodobre corrido.

- Baile: "Atrás, atrás, palo".

- Maratón de chistes.

- Música.



Leer más...

martes, 24 de mayo de 2011







OS NOSOS CONTOS

Os nenos e nenas de infantil de 3 e 4 anos veñen á biblioteca para traballar cos libros que eles crearon e así aprender divertíndose.


Leer más...


REMATAN AS MOCHILAS VIAXEIRAS


Un ano máis rematou a aventura das mochilas viaxeiras, que foron a todas as casas dos nenos e nenas do colexio durante unha semana para disfrutar en familia da aventura de ler. Este ano como novidade, as mochilas levaron libros de cociña, que tiveron moito éxito.

Os Cadernos de Bibliato e os Cadernos Viaxeiros están na biblioteca para que todos poidan velos e lelos.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!








Leer más...

lunes, 2 de mayo de 2011

DIA DO LIBRO


Para conmemorar o día do Libro, durante a semana do 26 ao 29 de abril dende a biblioteca do centro realizamos as seguintes actividades.

Elaboración dunha guía de lecturas, nesta ocasión dedicada ás árbores, por ser o Ano Internacional das Árbores



Agasallamos aos nenos e nenas do centro cun marcapáxinas que eles mesmos decoraron.



Exposición na biblioteca, dos libros realizados polos nenos e nenas de infantil de 3 e 4 anos.



Durante toda a semana os alumnos e alumnas de 5º estiveron a contarlles uns contos elaborados por eles mesmos, a todos os niveis do centro.

E agasalláronnos cun libro-cómic cedido para tal fin pola biblioteca.



Leer más...

viernes, 22 de abril de 2011




As Bibliotecas Escolares non poden pararse, e menos neste mes de abril, que vén cargado de encontros, soños e actividade arredor do libro e da lectura. O vindeiro 23 de abril, aínda que sexa período vacacional, non pasa desapercibido. Este Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, é un día para reivindicar eses "lugares para a lectura" que construímos entre os lectores e os libros (calquera que sexa a forma que estes libros acaben tomando).
O poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011. Agradecemos a Carlos Negro as fermosas imaxes do seu texto, aproveitamos para poñer a bufanda colorada e saímos pasear pola fenda do espello.
Leer más...
A EDUCACIÓN NON É UN CONTO

Os nenos e nenas de 5º de primaria participaron na campaña de Ayuda en Acción, este ano co lema "A Educación non é un conto" coa elaboración de dous contos relacionados co tema. Para poder ler eses e outros dos contos que participan na campaña entra no enlace seguinte:


http://www.cme-espana.org/gl/materiales/difusion

Leer más...