jueves, 28 de octubre de 2010
DECORAMOS O COLEXIO
Coa chegada do outono, veñen as distintas celebracións, O Magosto, O Samaín, Halloeen... e Bibliato animounos a decorar todo o colexio para darlle un ambiente festivo.
Entre todos fixemos distintas manualidades para encher os corredores e as aulas de adornos relativos a estas festividades. Había móbiles, carteis, murais, unha exposición de cabazas, debuxos...
Bibliato dixo que traballáramos moito pero que nos quedara moi bonito.



viernes, 22 de octubre de 2010

"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades" 24 de Outubro de 2010
A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.
BENVIDOS AO NOVO CURSO 2010 - 2011
Benvidos ao novo curso, a Biblioteca xa ten as portas abertas para que poidades vir descubrir todas as novidades que Bibliato ten preparadas para todos.Este ano contamos cun ordenador na Biblioteca para que todos e todas poidamos consultar o que necesitemos.
Tamén estamos preparando as Mochilas Viaxeiras para que pronto poidan circular por todas as casas.
Este ano Bibliato quixo meterse no comedor do centro e xa o puidemos ver no menú do mes de outubro co seu gorro de cociñeiro.
Ademais o derradeiro xoves de cada mes convídanos no comedor do centro á festa de aniversario de todos os nenos , nenas, mestres e mestras que durante o mes estiveron de aniversario.Este mes de setembro estiveron de aniversario David, Sergio, Miguel Tato e Andrea Cabo. A todos eles FELICIDADES!



Tamén dar as grazas as cociñeiras pola torta de chocolate tan rica coa que nos agasallaron.
