martes, 27 de octubre de 2009

A mascota da Biblioteca

O ano pasado o equipo de biblioteca do noso centro, formado por 5 mestres/as, realizou varias actividades, entre elas, a elección da mascota da nosa biblioteca. A que saíu elexida foi un rato chamado Bibliato.
Bibliato é o que nos informa de todas as actividades que se van desenvolver polo equipo de biblioteca, pero agora tamén as podedes seguir a través deste blog.
Esperade novas nosas, un saúdo dende a biblioteca de Sobrado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario