jueves, 12 de noviembre de 2009

O magosto

O MAGOSTO


O 9 de novembro celebramos a festa do Magosto.



No Magosto realizáronse distintas actividades:

Elaboración do libro “Dona Castaña”. Na que cada curso fixo a súa aportación coa elaboración dunha páxina do libro: con poemas, refráns, cantigas, debuxos relacionado co outono, fotos, descrición do castiñeiro... Na seguinte presentación de Power Point pódese observar o traballo realizado:



Elaboración dunha castaña móbil, que como se pode observar nas fotos estas castañas cobraban unha vida especial, algunhas aportando poemas, refráns e outras vestidas de diversas formas.






Cadenetas de froitos: os nenos e nenas de 1º ciclo elaboraron as cadenetas de froitos típicos do Magosto: noces, castañas, mazas, avelás, laranxas...



Presentación da mesa dos froitos do Outono: no que os mestres/as e nenos/as fixeron a súa aportación traendo ó colexio diversos froitos propios da tempada do Outono. Esta actividade fixo que os nenos/as coñeceran un pouco máis os froitos que nos rodean. Moitos deles eran grandes descoñecidos dos nosos rapaces.




Xogos coas castañas: no pavillón polideportivo o alumnado participou nunha serie de xogos que tiñan coma motivo principal a castaña, neste vídeo podedes ver coma o fixeron:



Celebración do Magosto: todos os mestres/as vestíronse acorde a celebración do Magosto con sombreiros e mandís feitos por papel de periódico e papel de pinocho.



Nese día asáronse as castañas e os nenos de 6º foron repartindo os demais nenos/as as castañas. Foi unha festa moi divertida!!!




1 comentario:

  1. O Magosto

    A min gústame o magosto, porque me gustan moito as castañas cocidas e asadas, pero non me gusta pelalas.

    Andrea

    ResponderEliminar