martes, 13 de abril de 2010

Excursión a Sotavento

SAÍDA Ó PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO




O día 26 de Xaneiro tivemos unha saída de todo o colexio ó Parque Eólico de Sotavento. Na visita os nenos/as participaron en actividades propostas polos monitores do parque, onde fomentaron a formación e divulgación das enerxías renovables.



O alumnado de Primaria participou en xogos propostos polo parque e os máis pequenos participaron nun taller de elaboración de papaventos.



Podedes obter máis información en: www.sotaventogalicia.com

2 comentarios:

  1. A visita ao parque eólico foi moi divertida. Na noticia non pon que fixemos os de 3º 4º 5º 6º.pois nos fixemos un xogo moi divertido. Era un parchís xigante, pero especial porque non era normal, tiña as casillas con fotos do parque, muíños, placas solares… pero tiña unha casilla coma as da oca pero non unha oca senon un engranaxe. Os monitores tomábanos o pelo porque se co dado sacabamos un 5 movían 4, 6, 3, pero ao final movían 5. Fixemos dous equipos un de nenos e outro de nenas. Case sempre ganaban as nenas pero nos EMPATAMOS!

    ResponderEliminar
  2. Sentimos non poñer as actividades que fixeron os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º, pero o motivo foi que non tiñamos fotos das actividades.

    Equipo da Biblioteca

    ResponderEliminar