jueves, 10 de junio de 2010

Día das Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS
17 de maio


Como xa todos sabedes, o día 17 de maio está dedicado ás nosas letras, as letras galegas, e cada ano réndeselle homenaxe a un escritor, que este ano foi Uxío Novoneyra, o poeta do Courel.
No noso centro tamén quixemos renderlles una pequena homenaxe, e para iso levamos a cabo diferentes actividades:
Nos corredores do centro colocamos carteis sobre Uxío Novoneyra, e traballamos sobre o seu significado (a súa vida e obra, e os diferentes sentimentos que nela se expresan).



Ademais disto, ó longo da semana das Letras Galegas, realizáronse diversas unidades didácticas a nivel de aula, sacadas do seguinte enderezo web:
Xa para rematar, conmemoramos o Día das Letras Galegas cun pequeno festival no que se levaron a cabo varias actuacións:
  • Uns nenos de 6º fixeron un “preguntoiro” sobre Uxío Novoneyra; leron varios fragmentos referidos á súa vida e obra, e despois probaron a atención e memoria do resto dos nenos.

  • O grupo de gaiteiros amenizou o festival tocando a peza “A Maristela”.

  • Miguel, de 2º, leunos o poema de Novoneyra “É hora de irse á cama”.

  • De novo, música e baile a cargo dos bailaríns do colexio, que nos bailaron unha peza tocada que tiña por título “A muiñeira do Chao”.

  • Os alumnos de 4º interpretaron outro fermoso poema do homenaxeado ese día, un poema titulado “A fiandeira”.


  • Para finalizar a celebración, o grupo de gaitas tocounos outra animada peza, o “Pasodobre de Mallou”, conseguindo os aplausos e ovacións dos que estabamos presentes.


Con todo isto, demos por concluída a semana dedicada ás Letras Galegas, gardando recordo de quen foi Uxío Novoneyra e un pouquiño da súa obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario