lunes, 14 de febrero de 2011

CONTACONTOS DE KALANDRAKA



O luns 14 de febreiro visitaron a biblioteca do centro os da editorial Kalandraka para unha sesión de conta contos con música.
Antes de empezar cos contos cantaron unha canción que dicía algo así “… pois imos contar un conto …”
Os contos que seleccionaron foron:
-Un gran soño
- Unha parella diferente
- Os catro amigos”
Todos eles acompañados coa música de acordeón.
Para rematar cantaron varias pezas de música acompañadas coas palmas dos nenos e nenas e da pandeireta.
Foi unha sesión moi divertida!

No hay comentarios:

Publicar un comentario