martes, 4 de mayo de 2010

As mochilas viaxeiras

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este ano dende a biblioteca do centro, puxemos en marcha un proxecto que leva tempo funcionando noutros centros con moito éxito e que nós tamén esperamos que sexa do voso agrado, son AS MOCHILAS VIAXEIRAS.
Empezamos cunha primeira mochila en Educación Infantil para continuar en Primaria cunha mochila por ciclo. En total están a funcionar 4 mochilas.

En cada mochila incluímos:
* Unha pequena mostra do noso fondo cultural (libros, revistas, DVD...)
* O Caderno de Bibliato, que recolle a documentación do material que contén a mochila, e solicita información sobre que material gustou máis e suxestións de mellora cara o futuro.
* O caderno viaxeiro, tenta recoller a creatividade das familias, nel poden escribir un conto, comentar unha noticia, facer un debuxo…
Estes cadernos pasarán a formar parte do fondo documental da biblioteca escolar.




2 comentarios:

  1. as mochilas viaxeiras teñen varios fallos:
    -hai moi poucas e non vai dar tempo a levalo todo o colexio, devería haber máis mochilas.
    -tamen máis tempo: unha semana

    ResponderEliminar
  2. tes razón que é pouco tempo, pero para que dise tempo a que todo o colexio poida disfrutar da mochila, tivemos que facelo así, confiamos en que o vindeiro ano podades disfrutar da mochila unha semana.

    ResponderEliminar