miércoles, 5 de mayo de 2010

Mosteiro de Sobrado

O MOSTEIRO DE SOBRADO

Historia do Mosteiro


O Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes é un dos principais mosteiros de orixe medieval da provincia de A Coruña e de toda Galicia, aínda que actualmente e tras as reformas dos séculos XVI ó XVIII é un dos principais monumentos do barroco galego. Foi declarado Monumento Histórico Artístico de carácter nacional.
Ubícase na comarca de Terras de Melide, no municipio do mesmo nome: Sobrado dos Monxes. Na actualidade, o Mosterio de Santa María de Sobrado dos Monxes está habitado polos monxes cistercienses.
Enlace página: http://www3.planalfa.es/sobrado/sobrado.htm

VISITA Ó MOSTEIRO


Aproveitando as actividades relacionadas co Xacobeo, propúxose realizar unha visita ó Mosteiro da vila. Na visita estivemos acompañados por un monxe e mailo mestre de relixión do noso colexio que nos foron explicando diversas anécdotas, historias e curiosidades relacionadas co Mosteiro.
Realizamos a visita ó Mosteiro o 12 de abril en dúas quendas:
Na primeira quenda foron os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º e 3º.


Na segunda quenda 4º, 5º e 6º estiveron acompañados polos rapaces do colexio de Présaras de Vilasantar.

4 comentarios:

  1. o mosteiro
    A visita ao mosteiro pareceume un pouco aburrida.

    ResponderEliminar
  2. A visita ao Mosteiro

    A visita o Mosteiro de Sobrado,foi algo aburrida porque o monxe so falaba do que pasara uns anos antes.

    Un saúdo:Andrea

    ResponderEliminar
  3. Vos vistes o mosteiro de Sobrado?Eu si e moy grande pero un pouco aburrido. yessica

    ResponderEliminar
  4. o mosteiro foi un pouco aburrido porque o unico que falaban era do mosteiro.E pra min era aburrido.

    ResponderEliminar