Durante a semana do 1 ao 4 de marzo todo o colexio estívose a preparar engalanándose para recibir da mellor maneira o Entroido, que este ano viña en forma de Circo. Para iso estivemos decorando as clases, os corredores, o comedor... e cada día traendo o que o Meco nos pedía.






E por fin o venres 4 de marzo chegou o gran día do Festival, cunha actuación espectacular do GRAN CIRCO DE SOBRADO.
- Comezamos cun desfile dende o colexio ata a praza do Concello, onde sacamos a foto de todos os participantes do Circo. Fumos cantando todo o camiño para animar a festa.
- Xa de volta, no colexio, tivemos o concurso de disfraces, con agasallos para todas as clases: á máis colorida, á máis divertida, á máis animada...
- Para rematar, música e baile, cunha degustación de sobremesas típicas do entroido: orellas, filloas, roscas fritidas...
No hay comentarios:
Publicar un comentario