lunes, 21 de marzo de 2011

" O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR"



O xoves 17 de marzo tivemos a visita de Mariña, unha simpática cociñeira que nos explicou a importancia do peixe e o marisco na dieta.

É unha campaña da Xunta de Galicia destinada aos escolares de Educación Primaria para fomentar o consumo do peixe e o marisco nas súas dietas.

Para iso contan cunha exposición de paneis nos que nos van presentando os distintos ARROASES e as súas propiedades: o rodaballo, a troita, o xurelo, a pescada, a sardiña, o lirio e o mexillón.

Para rematar todos tiveron agasallos: unha gorra, pegatinas, poster...

Se queredes máis información entrade na súa páxina web:






No hay comentarios:

Publicar un comentario