miércoles, 16 de marzo de 2011

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Durante a semana do 1 ao 4 de marzo todo o colexio estívose a preparar engalanándose para recibir da mellor maneira o Entroido, que este ano viña en forma de Circo. Para iso estivemos decorando as clases, os corredores, o comedor... e cada día traendo o que o Meco nos pedía.




E por fin o venres 4 de marzo chegou o gran día do Festival, cunha actuación espectacular do GRAN CIRCO DE SOBRADO.

- Comezamos cun desfile dende o colexio ata a praza do Concello, onde sacamos a foto de todos os participantes do Circo. Fumos cantando todo o camiño para animar a festa.

- Xa de volta, no colexio, tivemos o concurso de disfraces, con agasallos para todas as clases: á máis colorida, á máis divertida, á máis animada...

- Para rematar, música e baile, cunha degustación de sobremesas típicas do entroido: orellas, filloas, roscas fritidas...


QUE BEN O PASAMOS!!
Leer más...

domingo, 20 de febrero de 2011

EXPOSICIÓN SOBRE A AUGA NA BIBLIOTECA

Esta semana na biblioteca do centro tivemos unha exposición sobre a agua dun traballo realizado polos nenos e nenas do 1º ciclo do colexio CPI Castroverde de Lugo, dentro do marco de colaboración entre centros da rede Axenda 21, xa que este ano o noso colexio está a participar no programa de Axenda 21.



Leer más...

lunes, 14 de febrero de 2011

Biblioburro


Leer más...
CONTACONTOS DE KALANDRAKA



O luns 14 de febreiro visitaron a biblioteca do centro os da editorial Kalandraka para unha sesión de conta contos con música.
Antes de empezar cos contos cantaron unha canción que dicía algo así “… pois imos contar un conto …”
Os contos que seleccionaron foron:
-Un gran soño
- Unha parella diferente
- Os catro amigos”
Todos eles acompañados coa música de acordeón.
Para rematar cantaron varias pezas de música acompañadas coas palmas dos nenos e nenas e da pandeireta.
Foi unha sesión moi divertida!

Leer más...

viernes, 11 de febrero de 2011

NAMÓRATE CON LECTURAS! PROPOSTAS DE FEBREIRO NAS
BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Son moitas e moi variadas as propostas que desde os Equipos de Biblioteca, en colaboración ás veces cos equipos de Normalización Lingüística, se lle están facendo á rapazada co gallo do 14 de febreiro, data que (sendo estritamente comercial) ben se pode mudar nunha oportunidade para atraer ao alumnado á lectura e á escritura. Un modo contundente de recoller os seus intereses a, a partir deles, incentivar máis usos de cultura escrita. Algúns exemplos:
CPI O Progreso (Catoira, Pontevedra): O amor en 10 palabras
IES Rafael Dieste (A Coruña): O corazón partido (selección poética e xogo de busca)
IES O Mosteirón (Sada, A Coruña):
Certame Amor? Amor!... en 100 palabras
IES Castro da Uz (As Pontes, A Coruña):
V Concurso de Caligramas
CEIP Andrade (Pontedeume, A Coruña): Lecturas con corazón
CPI San Vicente (A Baña, A Coruña):
Declaracións de amor con humor - I mostra de debuxo: E ti, a quen queres máis?
IES Poeta Añón (Outes, A Coruña): Cada ovella coa súa parella (amor e cómic)
IES de Poio (Poio, Pontevedra): selección poética, MIEL E UN POEMAS DE AMOR
IES de Fene (Fene, A Coruña):
LECTURAS CON AMOR - POEMAS DE AMOR Leer más...

martes, 1 de febrero de 2011

Cantaré , cantaras



Leer más...
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O luns 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Durante toda a semana pasada estiveronse a facer distintas actividades: murais, poesías, móbiles ... relacionados con esta conmemoración.











Este día o programa de actividades foi o seguinte:



-Obra de Teatro do 3ºCiclo sobre a Constitución Española













-Lectura dun manifesto sobre a Paz, do alumnado do 1º Ciclo.







-Visionado dun video-canción relacionado con este Día, "Cantaré, cantarás"


-Elaboración por parte de todo o colexio dunha pirámide titulada "A escola da vida"







Este día a hora de ler celebrouse na Biblioteca con libros emprestados pola Biblioteca do concello de Coirós. Moitas grazas!




Leer más...

domingo, 30 de enero de 2011

30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz e a Non-Violencia

Lecturas relacionadas co tema:

Leer más...

viernes, 28 de enero de 2011

TEATRO EN INGLÉS

O día 18 de Xaneiro fomos ao colexio de Cesuras, alí xuntámonos con máis colexios para ver unha obra de teatro en inglés chamada Midnight Madness.
A obra ía sobre un neno chamado Mickey, a quen lle gustaba moito o chocolate, pero a súa nai agacháballo para que non comese tanto.
Un día tivo un pesadelo no que, logo de atopar a neveira chea de chocolate, aparecía a malvada Malisa e roubáballe a neveira. Mickey denunciou este roubo ó Sarxento Blue, e despois éste deulle as indicacións para ir á tenda de Mr.Sticky, onde podía atopar moitas larpeiradas. Pero alí tamén apareceu Malisa!, hipnotizou a Mickey e ó vendedor de chocolate ,colleu todo o chocolate e marchou. O amigo de Mickey, ó decatarse de que estaba hipnotizado, levouno onda a doutora Ding Dong. A doutora curouno, deulle uns plátanos, unha mandarina, unha tableta de chocolate pequena, e…fíxonos bailar a todos a súa canción!!
Ó final, cando Malissa volvía para roubarlle a mochila a Mickey, apareceu o Sarxento Blue e entre os dous atrapárona.
A obra gustounos porque era moi aventureira e os actores facíano moi ben. Ademais, de aí concluímos que non é bo comer tanto chocolate, que o noso corpo tamén precisa das froitas e demais comida saudable.




Leer más...