miércoles, 5 de mayo de 2010

Contacontos

CONTACONTOS



O martes 16 de marzo na biblioteca do centro tivemos a visita dun Contacontos da editorial Anaya. Estaba destinada ós cursos de Infantil, 1º e 2º ciclo de Educación Primaria. A sesión de contacontos foi moi interactiva, dando lugar á participación dos nenos e nenas.



Leer más...

martes, 4 de mayo de 2010

As mochilas viaxeiras

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Este ano dende a biblioteca do centro, puxemos en marcha un proxecto que leva tempo funcionando noutros centros con moito éxito e que nós tamén esperamos que sexa do voso agrado, son AS MOCHILAS VIAXEIRAS.
Empezamos cunha primeira mochila en Educación Infantil para continuar en Primaria cunha mochila por ciclo. En total están a funcionar 4 mochilas.

En cada mochila incluímos:
* Unha pequena mostra do noso fondo cultural (libros, revistas, DVD...)
* O Caderno de Bibliato, que recolle a documentación do material que contén a mochila, e solicita información sobre que material gustou máis e suxestións de mellora cara o futuro.
* O caderno viaxeiro, tenta recoller a creatividade das familias, nel poden escribir un conto, comentar unha noticia, facer un debuxo…
Estes cadernos pasarán a formar parte do fondo documental da biblioteca escolar.




Leer más...

Día da muller traballadora

DÍA DA MULLER TRABALLADORA (8 de marzo)

Para conmemorar unha data tan especial para todas as mulleres, fíxose un mural coas fotos de mulleres que destacaron pola súa contribución nas distintas áreas das artes e das ciencias:


Leer más...

jueves, 29 de abril de 2010

O entroido

ENTROIDO


O día 12 febreiro celebramos o Entroido. Previamente durante esa semana disfrazamos ao “Entroidiño” que era o que nos ía dicindo que tiñamos que traer cada día: garabata, sombreiro, zapatos orixinais...e o último día trouxose todo xunto.



Outra actividade que fixemos foi elaborar un monicreque de arlequín no que cada neno/nena sacou unha foto. Eles mesmos elaboraron o marco para poñer a foto que levaron de agasallo o día do desfile.



Este ano para celebrar o entroido, no colexio propúxose un tema, todo o mundo tiña que vir disfrazado con algo relacionado co tema dos “Animais”.



Nese día organizouse un concurso no que se premiaba o disfraz máis orixinal, o máis elaborado.. e no que desfilazaron todos os rapaces/rapazas, primeiro dende o colexio ata o concello e logo de forma individual no comedor.



Os premiados foron:
1º Premio individual: Miguel de 2º co disfraz de Gerónimo Stilton.



1º Premio grupal: Zaira, Nadia e Hugo de 1º co disfraz do fondo do mar e Sabela e Daniel de 6º co disfraz de Trancas e Barrancas.



2º Premio individual. Brenda de 5 anos co disfraz de galiña.



3º Premio individual: Rubén de 4º co disfraz de mosca.

Leer más...

jueves, 15 de abril de 2010

Obra de teatro en inglés

OBRA DE TEATRO EN INGLÉS



O xoves 11 de febreiro, os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria desprazámonos ata o colexio de Cesuras para disfrutar dunha obra de teatro en inglés, levada a cabo pola compañía de teatro Clever Pants.
A obra levaba por título Sidneyrella, e era una adaptación do popular conto Cinderella (Cenicienta, que seguro que todos coñecedes), xa que nesta ocasión o protagonista era un neno (Sidney), e vivía coa súa malvada madrasta e o seu perverso medio irmán.





Foi moi divertida e pasámolo moi ben, rindo coas aventuras de Sidney. Tamén cantamos e bailamos cos protagonistas, e sobretodo…serviunos para repasar e aprender inglés dun xeito diferente!


Leer más...

martes, 13 de abril de 2010

O día da Paz

DÍA DA PAZ

Celebramos o Día da Paz o 1 de Febreiro.

Previamente a este día no colexio fixéronse as seguintes actividades:

* Un mural elaborado polo alumnado de E.I co lema: “Todos somos amigos”.




* Un mural elaborado polos nenos/as de E.P.



* Carteis coa palabra: PAZ e pombas adornando as distintas dependencias.


Celebración do DÍA DA PAZ

Preparáronse unhas actividades que se levaron a cabo na tarde do 1 de febreiro:

1º O xogo da procura do tesouro



2º Despois todos o alumnado e mestres/as do colexio cantamos a canción: “Abre a muralla”



3º Para finalizar os nenos/as de 1º ciclo representaron e recitaron un poema elaborado por eles:



Leer más...

Excursión a Sotavento

SAÍDA Ó PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO




O día 26 de Xaneiro tivemos unha saída de todo o colexio ó Parque Eólico de Sotavento. Na visita os nenos/as participaron en actividades propostas polos monitores do parque, onde fomentaron a formación e divulgación das enerxías renovables.



O alumnado de Primaria participou en xogos propostos polo parque e os máis pequenos participaron nun taller de elaboración de papaventos.



Podedes obter máis información en: www.sotaventogalicia.com
Leer más...