domingo, 19 de diciembre de 2010

VISITA AO PLANETARIO
O venres 10 de decembro fixemos unha pequena excursión ao Colexio de Présaras para visitar o Planetario móbil que tiñan alí instalado, grazas á invitación de Pilar, a directora do colexio, dende aqui queremos agradecer o ben que nos trataron, deixando a súa biblioteca á nosa disposición para poder ler e ver unha película mentras agardabamos o noso turno para entrar no Planetario.

Moitas grazas Pilar por todo!



Todos os nenos e nenas do colexio, en grupos de entre 10 e 15, pasamos ao planetario para coñecer un pouco máis sobre os planetas, as estrelas, as constelacións, e parte da lenda que fala sobre elas. A verdade é que quedamos encantados e con ganas de aprender moitas máis cousas, pero iso quedará para traballar un pouco nas clases e quen sabe se para unha futura visita á Casa das Ciencias da Coruña.





Leer más...

viernes, 17 de diciembre de 2010

LEE
MÁS Y MEJOR.
LA CONVERSACIÓN
HACE AL HOMBRE ÁGIL,
EL ESCRIBIR, PRECISO
Y LA LECTURA, COMPLETO
Sir Francis Bacon (1561-1626)
Filósofo y estadista británico
Leer más...

miércoles, 15 de diciembre de 2010

HORA DE LER
Os nenos e nenas de Infantil acaban de recibir un agasallo de Bibliotecas Escolares de Galicia. Unha mochila para poder levar nela os libros que viaxan dende a biblioteca ata a casa e que non se deterioren.



http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=taxonomy/term/5 Leer más...

lunes, 13 de diciembre de 2010







PROXECTO MANDEO

Este ano o noso centro está a participar no Proxecto Mandeo para recuperar o valor ecolóxico e cultural do entorno fluvial do Río Mandeo, dado que nace no noso Concello entre A Cova da Serpe e o Corno do Boi.

Con tal motivo o mércores día 1 de decembro viñeron ao colexio varios monitores deste proxecto para realizar distintos obradoiros cos nenos e nenas dos distintos ciclos.
Tamén deixaron no noso centro unha maqueta sobre como inflúen as decisións dos seres humanos sobre a contorna que nos rodea e uns paneis informativos sobre a flora, contorna e fauna do Río Mandeo.



Leer más...

martes, 23 de noviembre de 2010

REXISTRO METEREOLÓXICO
Os nenos e nenas de 2º de Primaria estan a facer un rexistro co tempo que hai cada día. Todos os dias eles marcan o tempo e ao final de mes elaboran un resumo do tempo que houbo: días de sol, de chuvia ...

Leer más...
TALLER DE PINTURA: XOGAMOS A SER ARTISTAS

As nenas e nenos de 6º damos a coñecer grandes obras de arte de importantes pintores así como tamén as nosas pequenas obras de arte. Cada exposición ten un xogo no que podedes participar. esperamos que sexa do voso agrado!

Leer más...

lunes, 22 de noviembre de 2010

20 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA E DOS DEREITOS DO NENO






Leer más...

viernes, 19 de noviembre de 2010

MURAL DE ACTIVIDADES



Como estamos a facer tantas actividades e tan variadas, Bibliato pensou que estaría ben facer un mural para expoñelas. Está dividido en meses para que cada un poida pegar nel as actividades que vaia facendo.

Colocámolo na entrada do colexio para que todos e todas poidades velo.


Esperamos que vos guste e que vos animedes a pegar nel todo que fagades!
Leer más...

jueves, 18 de noviembre de 2010

CIENCIA DIVERTIDA
O mércores 3 de novembro recibimos a visita na biblioteca do colexio, do Dr. Octo e a Dra. Medusa. Viñeron para facer connosco experimentos que explicaran as ciencias do mar dun xeito divertido, e tamén para presentarnos o concurso "Galicia e as Ciencias do Mar".
Resultou moi entretido.

Se queredes ter máis información entrade na súa web www.galiciaeascienciasdomar.org
Leer más...

jueves, 11 de noviembre de 2010

A FESTA DO MAGOSTO

O día 29 de outubro os nenos e nenas do colexio celebramos o magosto. Pola mañá tivemos a visita dun avó que nos contou cómo antigamente a castaña era a protagonista nas súas vidas coa chegada do outono .
Para seguir coa festa os nenos, nenas e profesores participamos na realización de xogos tradicionais e populares nos que a castaña era a protagonista:

O xoga da culler e a castaña, o xogo de encestar no cucurucho, o xogo das cadeiras



O xogo da rá, o xogo da chave, carreira de sacos



Os bolos, carreiras de relevos.


A mañá rematou cun mini concerto de cancións relativas ao Magosto, interpretadas polos distintos ciclos:

Infantil: "A castaña"
1ºCiclo: "O outono"
2ºCiclo: "Non chas quero"
3ºCiclo: "A castaña"



E… pola tarde para encher o bandullo fixemos entre todos Un Magosto. Cada un preparou o seu cucurucho, algún moi orixinal !

Rematamos cantando e bailando!!



Leer más...