domingo, 19 de diciembre de 2010

VISITA AO PLANETARIO

O venres 10 de decembro fixemos unha pequena excursión ao Colexio de Présaras para visitar o Planetario móbil que tiñan alí instalado, grazas á invitación de Pilar, a directora do colexio, dende aqui queremos agradecer o ben que nos trataron, deixando a súa biblioteca á nosa disposición para poder ler e ver unha película mentras agardabamos o noso turno para entrar no Planetario.

Moitas grazas Pilar por todo!



Todos os nenos e nenas do colexio, en grupos de entre 10 e 15, pasamos ao planetario para coñecer un pouco máis sobre os planetas, as estrelas, as constelacións, e parte da lenda que fala sobre elas. A verdade é que quedamos encantados e con ganas de aprender moitas máis cousas, pero iso quedará para traballar un pouco nas clases e quen sabe se para unha futura visita á Casa das Ciencias da Coruña.





No hay comentarios:

Publicar un comentario