jueves, 23 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL


O mércores 22 de decembro celebramos un pequeno festival de Nadal para rematar o trimestre.
O primeiro foi entregar os premios para as mellores tarxetas de Nadal, algo que foi complicado porque todas elas merecerían levalo, pero había que escoller unha por clase.





A continuación recibimos unha visita moi especial, sobre todo para os mais pequenos, chegaron os Reis Magos, cun agasallo para cada un de nos. Foi unha grata sorpresa para todos, pequenos e grandes.





E chegou a hora de que actuaran os nenos e nenas.
Os do 2º ciclo prepararon unha poesía que falaba sobre o Nadal.
Os do 1º ciclo representaron o conto de Kalandraka “A cebra Camila”
Tamén nos contaron a historia do apalpador, personaxe da nosa tradición que pouca coñecida polos nenas e nenos.



Por último os do 1º ciclo cantaron unha panxoliña acompañados á guitarra por David.E para repoñer forzas para recoller as notas, tivemos un chocolate con doces típicos destas datas.
FELICES FESTAS A TODOS E TODAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario