martes, 21 de diciembre de 2010

UN DÍA DIFERENTE

O luns 20 de decembro foi distinto, para celebrar que xa estamos case rematando o trimestre.
Empezamos cunha pequena excursión a Lugo para ir todos xuntos a ver unha película ao cine, MEGAMIND en 3D.



Logo volvemos para o colexio para degustar unha comida especial de Nadal, preparada no comedor. Estaba todo boísimo.



E para rematar o día que mellor que un bo concerto a cargo dos nenos e nenas que van a clase de música. Felicidades artistas polo ben que o fixechedes.



No hay comentarios:

Publicar un comentario