lunes, 13 de diciembre de 2010







PROXECTO MANDEO

Este ano o noso centro está a participar no Proxecto Mandeo para recuperar o valor ecolóxico e cultural do entorno fluvial do Río Mandeo, dado que nace no noso Concello entre A Cova da Serpe e o Corno do Boi.

Con tal motivo o mércores día 1 de decembro viñeron ao colexio varios monitores deste proxecto para realizar distintos obradoiros cos nenos e nenas dos distintos ciclos.
Tamén deixaron no noso centro unha maqueta sobre como inflúen as decisións dos seres humanos sobre a contorna que nos rodea e uns paneis informativos sobre a flora, contorna e fauna do Río Mandeo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario