lunes, 8 de noviembre de 2010

CELEBRAMOS OS ANIVERSARIOS DO MES DE OUTUBRO
Un mes máis o derradeiro xoves do mes xúntamonos no comedor, convidados por Bibliato, para celebrar os aniversarios de Ana Carreira, Eva e Noelia López, Paula Freire, Lorena, Saray, Lara Corral e os das mestras Rocío e MªLuz.
Para ese día tivemos un menú especial, empanada de touciño e queixo, fideuá con ameixas e para rematar unha exquisita sobremesa: torta de amorodos con lacasitos.


Como agasallo para todas elas, gozamos de diferentes bailes:
- as nenas de 4º bailaron Telephone, de Lady Gaga.
- as nenas de 5º bailaron a canción Bad Romance, tamén de Lady Gaga.
- as nenas de 5º e 6º bailaron a coñecida canción do mundial 2010 de David Bisbal.
- e para rematar 6º bailou Waka waka, de Shakira que animou a todos e todas a bailar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario