HALLOWEEN
Nas clases de inglés recordamos que o Halloween tamén provén do Samaín, xa que cando esta tradición chegou ós ingleses, nun principio denominárona “All Hallows Eve”, que despois se transformaría no actual “Halloween”.
Para festexar o Halloween realizamos unha exposición de cabazas que, a pesar de seren algunas moi orixinais e divertidas, cando apagamos as luces e lles acendemos as candeas que tiñan dentro, todas daban medo!!!

Igualmente, os nenos de 3º de primaria disfrazáronse de bruxas e fantasmas, foron polas outras clases petando á porta e cando lles abrían dicían: “Trick or treat, smell my feet, give me something, good to eat!!”.
Fixéronse cunha boa cesta de lambetadas que despois repartiron entre todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario