martes, 2 de noviembre de 2010


NATURALEZA SIN LÍMITES

O xoves 21 de outubro os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria, recibiron a visita dun peregrino moi especial, “ARBORETO”, que é unha árbore centenaria que está a facer o Camiño de Santiago.
Esta árbore tan simpática contoulles aos nenos e nenas todo o patrimonio cultural e biolóxico que se atopou no Camiño, así como as paisaxes únicas que coñeceu.
Logo de situar no mapa do Camiño, todos os animais e paisaxes importantes, coa axuda dos nenos e nenas, ocorréuselles facer dúas obras de teatro relacionadas co coidado da natureza, interpretadas polos nenos e nenas.
Ao final repartiron agasallos para todos.
O obradoiro foi levado a cabo pola Fundación Oxígeno.


Para máis información podedes consultar a súa páxina http://www.fundacionoxigeno.org/






No hay comentarios:

Publicar un comentario