jueves, 23 de diciembre de 2010
FESTIVAL DE NADAL 
O mércores 22 de decembro celebramos un pequeno festival de Nadal para rematar o trimestre.
O primeiro foi entregar os premios para as mellores tarxetas de Nadal, algo que foi complicado porque todas elas merecerían levalo, pero había que escoller unha por clase.



Leer más...

O mércores 22 de decembro celebramos un pequeno festival de Nadal para rematar o trimestre.
O primeiro foi entregar os premios para as mellores tarxetas de Nadal, algo que foi complicado porque todas elas merecerían levalo, pero había que escoller unha por clase.
A continuación recibimos unha visita moi especial, sobre todo para os mais pequenos, chegaron os Reis Magos, cun agasallo para cada un de nos. Foi unha grata sorpresa para todos, pequenos e grandes.
martes, 21 de diciembre de 2010
UN DÍA DIFERENTE
O luns 20 de decembro foi distinto, para celebrar que xa estamos case rematando o trimestre.
Empezamos cunha pequena excursión a Lugo para ir todos xuntos a ver unha película ao cine, MEGAMIND en 3D.
Logo volvemos para o colexio para degustar unha comida especial de Nadal, preparada no comedor. Estaba todo boísimo.
Leer más...
OS LIBROS DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL DE 3 E 4 ANOS
Os nenos e nenas de infantil de 3 e 4 anos escribiron 2 libros. Un para presentarse e que coñezamos como se chaman e o outro para falarnos dos froitos do outono.
Leer más...

Durante o 1º trimestre os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo, estiveron a ler o libro "Sopa de Europa" de Rafael Ordóñez, da colección Alfaguara Infantil.
Unha vez rematado de ler, o mércores 10 de decembro na biblioteca do centro, tiveron unha animación do libro con distintas actividades e xogos relacionados coa lectura do libro.
Foi moi divertido e ademáis aprendemos moitas cousas dos países da Unión Europea.
Leer más...
domingo, 19 de diciembre de 2010
O xoves 16 de decembro os nenos e nenas do 2ºciclo fomos a Lugo ao Auditorio Gustavo Freire para ver unha representación teatral que trataba sobre a historia do Camiño de Santiago, "O fillo do trono".
Como agasallo, ao final cada un recibimos un libro "A contar estrelas no camiño" cun DVD do Fillo do trono, para que puidésemos volver ver a historia que nos contaron.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)